15 de junio de 2020

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Chegamos a última semana do curso escolar, nesta situación tan atípica. Agardamos que vos axudaramos un pouquiño nestas semanas. Esperamos que todos sigades ben e que pasedes un verán xenial, e por suposto non deixedes de coidarvos.

Esta semana facede o que máis vos guste. 

Desfrutade!






VÉMONOS EN SETEMBRO!

10 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 10, 11 E 12 DE XUÑO.

MÉRCORES: PLASTILINA

Facemos formas coa plastilina: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo, rombo....a ver cantas figuras dades feito.

CANCIÓN: 



 

XOVES: ¿CAL É O TEU XOGO FAVORITO?

Un foto ou debuxo co teu xogo favorito. En que pasas o tempo libre?

Canción:

 


VENRES: OBRAS DE ARTE

Collemos as temperas e a pintar o que vós queirAdes; podedes empregar diversos materiais como os pinceis, os dedos, bastoncillos, etc.

Canción:


8 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 8 E 9 DE XUÑO.


Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.

LUNS: EMOCIÓNS

CONTO: UN VIRUS LLAMADO AMOR


MEDITACIÓN: VIAJE AL BOSQUE ENCANTADO


 

 

MARTES: A CONTAR

4º EI: Nun folio poñemos os número do 1 ó 3 (as familias) e debaixo del imos a facer puntitos co noso dedo con témpera (tantas huellas como indica o número). Tamén podedes empregar calquera outro material

5º EI: Nun folio poñemos os número do 1 ó  6 (os nen@s) e debaixo del imos a facer puntitos co noso dedo con témpera(tantas huellas como indica o número) . Tamén podedes empregar calquera outro material. Poñeremos a data longa: MARTES 9 DE XUÑO DO 2020

6º EI: Nun folio poñemos os número do 1 ó  9 (os nen@s) e debaixo del imos a facer puntitos co noso dedo con témpera(tantas huellas como indica o número). Tamén podedes empregar calquera outro material. Poñeremos a data longa: Martes 9 de xuño do 2020.

 


3 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 3, 4 E 5 DE XUÑO.

MÉRCORES: FERMOSURAS  DA PRIMAVERA

Imos coller as témperas para realizar fermosas paisaxes que atopamos na primavera...propoñervos algúns exemplos que podedes empregar para pintar pero tamén nos gusta moitísimo ver as vosas producións.







XOVES: CONTO E MEDITACIÓN

A 1º actividade consiste nun conto.Despois de velo falade cos nenos, preguntadelle que lle pasou a cuadradito? Como se sinte…? Que alternativas hai para axudarlle?

Este conto permite traballar a habilidade social, é dicir, aprender a ser tolerantes, aceptar as diferencias nosas e dos demais.

E a 2º actividade imos a facerlle moito caso a rá e facer o que nos di. Toca estar moi tranquilos, a ver se somos capaces.

 

CONTO: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA


MEDITAMOS: TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA


 

VENRES: DISFRACES

Hoxe propoñemos unha actividade super divertida, imos xogar a ser outra persoa, cousa ou animal, así que buscade pola casa para que poidades xogar.

CANCIÓN: 


 

 


1 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 1 E 2 DE XUÑO.


Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.



LUNS: PAPEL DE COCIÑA

Precisamos un anaco de papel de cociña e rotus. Temos que repasar o debuxo do papel sen que rompa e despois a ver que se vos ocorre facer co papel decorado.

OLLO: Fixádevos ben, hai que repasar polos puntiños e non pode romper o papel, recordade non gramar o rotu e non deixálo moito tempo no papel para que non rompa.


MARTES: BIBLIO

Lemos un conto que teñamos pola casa:

4º EI: facer un debuxo dese conto e poñemos o nome.

5º EI: debuxo, intentan recoñecen as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MARTES 2 DE XUÑO  DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno e poñen a data (EN MINÚSCULA: Martes 2 de xuño de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.