Mostrando entradas con la etiqueta grafismos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grafismos. Mostrar todas las entradas

1 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 1 E 2 DE XUÑO.


Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.



LUNS: PAPEL DE COCIÑA

Precisamos un anaco de papel de cociña e rotus. Temos que repasar o debuxo do papel sen que rompa e despois a ver que se vos ocorre facer co papel decorado.

OLLO: Fixádevos ben, hai que repasar polos puntiños e non pode romper o papel, recordade non gramar o rotu e non deixálo moito tempo no papel para que non rompa.


MARTES: BIBLIO

Lemos un conto que teñamos pola casa:

4º EI: facer un debuxo dese conto e poñemos o nome.

5º EI: debuxo, intentan recoñecen as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MARTES 2 DE XUÑO  DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno e poñen a data (EN MINÚSCULA: Martes 2 de xuño de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.

4 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 4 E 5 DE MAIO.

Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios.


LUNS: GRAFISMOS
Imos coller un folio e imos a facer raias de cores con rotus: rectas, curvas, onduladas, en pico, en espiral, etc.







4º EI: xogamos a facer raias de cores e moitas formas.

5º EI: poñerán a data curta (4-05-2020) e o nome .

6º EI: poñerán a data curta (4-05-2020) e o nome cos apelidos.

CANCIÓN: 



MARTES: BIBLIO

Lemos un conto que teñamos pola casa:

4º EI: facer un debuxo dese conto. Os que queiran poden copiar o seu nome, sempre en maiúsculas. 

5º EI: debuxo do conto, intentan recoñecer as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MARTES 5 MAIO DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno e poñen a data (EN MINÚSCULA: Martes 5 de maio de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.