Mostrando entradas con la etiqueta receita de cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta receita de cociña. Mostrar todas las entradas

27 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 27, 28 E 29.

MÉRCORES: BIBLIO

Hoxe propoñemos o seguinte conto: EL PEZ ARCOIRIS ou elixide vós o que queirades.




4º EI: facer un debuxo dese conto e poñer o nome.

5º EI: debuxo, intentan recoñecer as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno, poñen a data (EN MINÚSCULA: Mércores 27 de maio de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: DEBUXO EN 3D

Grazas a “Cerebrito Perez” podemos pintar peixes e despois coa app Cerebrito color fish podemos facelo realidade.

Deixámosvos aquí un enlace para descargar os debuxos que hai que colorear por se vos animades con esta actividade.


XOVES:  ESTIRAMOS E XOGAMOS CO TELÉFONO MATEMÁTICO.
IMOS ESTIRAR AS NOSAS PERNAS E BRAZOS PARA DESPOIS SALTAR.

Canción:



TELÉFONO MATEMÁTICO




Colledes un folio e poñedes os números no chan do 1 ó 9 como se estiveran colocados no telefono e o xogo consiste en:

4º EI: Identificar os números e contamos ata o número 9. Despois podemos coller obxectos e poñer encima de cada número tantos obxectos como se indica. Ata o número 3.

5º EI: Identificar os números e contamos ata o número 9. Despois podemos coller obxectos e poñer encima de cada número tantos obxectos como se indica. Ata o número 9.

6º EI: As familias poderán dicirlle calquera número o azar. Por exemplo o 47 e o neno teran que pisar os números 4 e 7. Despois de dicir varios números podemos facer unha serie de números ata onde queiramos .




VENRES: RECEITA CON CONSERVAS.

HAI MOITO PEIXE QUE O ATOPAMOS EN CONSERVAS, ESTA ACTIVIDADE CONSISTE EN QUE NOS PROPAÑADES UNHA COMIDA OU ELABOREDES ALGO COAS CONSERVAS. OS NENOS PODEN FACER DEBUXOS OU ESCRIBILA, CADA UN COMO QUEIRA.




CANCIÓN: 





Os que queirades podedes enviarnos esta actividade, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com ata o 1 de xuño.

29 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 29 E O XOVES 30 DE ABRIL.

MÉRCORES: CREATIVIDADE

Para hoxe ides precisar un tubo de papel hixiénico e  a ver que ideas se vos ocorren para facer con el. Achegamos algunhas propostas:



  

5º EI: Colleran un folio e escribirán o que fixeron e poñerán a data longa: MÉRCORES 29 ABRIL DE 2020.
OLLO: os nenos de 4 anos non van escribir a palabra correctamente, non pasa nada. Deixádelles primeiro que pensen en alto a palabra que queren escribir. Non os corrixades o seu pensamento lectoescritor está comezando a poñerse en marcha. Por exemplo: se fan unha mariposa é moi probable que escriban: AIOA

6º EI: Colleran un folio, escribirán o que fixeron e poñerán a data longa en minúscula: Mércores de 29 abril de 2020.


XOVES: PROPOÑEMOS UNHA RECEITA: 

GOMINOLAS CASEIRAS DE FROITAS

(ou podedes facer outra receita que vos guste)

INGREDIENTES:

v250 ML  DE ZUME DE LARANXA (ou outra froita que teñades pola casa; se empregamos fresas: triturámolas e bótaselles un pouco de leite e xelatina dese sabor).
vUN SOBRE DE XELATINA DE LARANXA
vUN SOBRE DE XELATINA NEUTRA

MODO DE FACELO:

1º MISTÚRASE TODO, E PONSE A QUENCER SEN QUE CHEGUE A FERVER PARA QUE NON PERDA PROPIEDADES.
2º BOTÁMOLO NOS MOLDES, PREVIAMENTE UNTADOS EN ACEITE, PARA QUE ENFRÍE 4-6 HORAS.
Por exemplo podemos empregar os moldes que teñamos na casa para facer xeo! Ou un molde normal e cortamos despois en trociños pequenos.









AMENIZAMOS CON UNHA CANCIÓN: A HORTA DE BALBINA


4º EI: Unha vez rematada a receita poden facer un debuxo do proceso e escribir o seu nome.

5º EI: Colleredes un folio e coa vosa axuda escribirá o título da receita que fixo con vós e poñerá o nome cos apelidos (os apelidos poñédellos noutro folio para que vaia recoñecendo letras e a vez trazándoas). Despois poden facer un debuxo do resultado do prato que elaborou.

6 º EI: Intentaran escribir os ingredientes da receita e despois tamén pode facer un debuxo do resultado, así como poñer nome e apelidos.

¡NON ESQUEZADES  XOGAR MOITO!