O equipo de Educación Infantil, do CEIP Veleiro Docampo, poñemos en marcha este blogue, para facer chegar ás famlias, recursos e actividades de carácte lúdico, e sempre voluntarias, para levar da mellor forma posible este terceiro trimestre tan inusual.
E recordade, xogade moito, que xogando é como mellor se aprende!
Imos coller as témperas para realizar fermosas paisaxes que atopamos na primavera...propoñervos algúns exemplos que podedes empregar para pintar pero tamén nos gusta moitísimo ver as vosas producións.
XOVES:CONTO E MEDITACIÓN
A 1º actividade consiste nun conto.Despois de velo falade cos nenos, preguntadelle que lle pasou a cuadradito? Como se sinte…? Que alternativas hai para axudarlle?
Este conto permite traballar a habilidade social, é dicir, aprender a ser tolerantes, aceptar as diferencias nosas e dos demais.
E a 2º actividade imos a facerlle moito caso a rá e facer o que nos di. Toca estar moi tranquilos, a ver se somos capaces.
CONTO: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA
MEDITAMOS: TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA
VENRES: DISFRACES
Hoxe propoñemos unha actividade super divertida, imos xogar a ser outra persoa, cousa ou animal, así que buscade pola casa para que poidades xogar.
Buscamos as nosas cancións favoritas e simplemente bailamos todos xuntos. Podemos escoller unha coreografía sinxela ou deixárnos levar pola música e disfrutar….
PROPOSTA DE CANCIÓNS:
XOVES: OS NOSOS AMIGOS TAMÉN SON FAMILIA
Nesta actividade imos recordar os nomes de todos os compañeiros e compañeiras.
4º EI: As familias poden poñer o nome dos compañeiros da clase e os nenos poden repasalos con rotus de cores e o que queira que copie algún. Tamén podemos xogar a recoñecelos. Lembrade, familias, sempre en maiúsculas.
5º EI e 6º EI: Lembramos os nomes dos nosos amigos, escribimos algúns (podedes axudarlles pronunciando amodo cada nome e esaxerando os fonenas para que recoñezan algunhas das letras). Practicamos tamén o noso nome e apelido.
VENRES: PROPOÑEMOS XOGOS EN FAMILIA PARA CELEBRAR ESTE DÍA TAN ESPECIAL. O 15 de maio celébrase o día da familia, tan importante para todos e todas, máis se cabe nesta situación que nos toca vivir. Por iso propoñemos que desfrutedes moito deste día, xogando en familia. (Dominó, tres en raia, crebacabezas, twister, oca...o que vós queirades ou inclusive elaboralos vós para xogar entre todos).
A todo o equipo de infantil gústanos moito contar contos, hoxe sendo un día especial para todos e todas, propoñémosvos un conto de Olga de Dios, que ela mesma autoriza a descargalo gratuitamente. Agardamos que vos guste. FELIZ DÍA
Nós mandámosvos moitos bicos con todo o noso corazón, porque formades parte da nosa familia e querémosvos moito.
Para dar inicio a este blogue, non encontramos mellor xeito, que mandando un montón de bicos a eses campións e campioas que o están facendo xenial quedándose na casa.