O equipo de Educación Infantil, do CEIP Veleiro Docampo, poñemos en marcha este blogue, para facer chegar ás famlias, recursos e actividades de carácte lúdico, e sempre voluntarias, para levar da mellor forma posible este terceiro trimestre tan inusual.
E recordade, xogade moito, que xogando é como mellor se aprende!
Imos coller as témperas para realizar fermosas paisaxes que atopamos na primavera...propoñervos algúns exemplos que podedes empregar para pintar pero tamén nos gusta moitísimo ver as vosas producións.
XOVES:CONTO E MEDITACIÓN
A 1º actividade consiste nun conto.Despois de velo falade cos nenos, preguntadelle que lle pasou a cuadradito? Como se sinte…? Que alternativas hai para axudarlle?
Este conto permite traballar a habilidade social, é dicir, aprender a ser tolerantes, aceptar as diferencias nosas e dos demais.
E a 2º actividade imos a facerlle moito caso a rá e facer o que nos di. Toca estar moi tranquilos, a ver se somos capaces.
CONTO: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA
MEDITAMOS: TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA
VENRES: DISFRACES
Hoxe propoñemos unha actividade super divertida, imos xogar a ser outra persoa, cousa ou animal, así que buscade pola casa para que poidades xogar.
Imos comezar a semana facendo un debuxo da primavera, para iso debemos pensar no mes que estamos e que podemos ver para observar a estación na que estamos: ¿Cómo están as arbores, hai paxariños, que máis animais podemos ver, hai flores…..?
Todas as mestras estamos convencidas de que sodes uns grans artistas, así que imos coller moitas cores e poñernos a debuxar;
4º EI: debuxo da primavera
5º EI: debuxo da primavera e a familia deberá poñer en letras maiúsculas a palabra PRIMAVERA (noutro folio) para que o escriban no folio do debuxo.
6º EI: debuxarán e poñerán o nome dos elementos que debuxaron.
Mentres debuxades podemos amenizar con unha canción:
Lembrade, os nenos de 4 e 5 anos deben poñer o nome nos debuxos
MARTES: LÓXICA-MATEMÁTICA
Imos a contar obxectos da nosa casa: ventás, portas, camas, cadeiras, etc (o que se vos ocorra).
4ºEI: conteo de elementos que teñamos pola casa. Despois podedes practicar con pinzas dicíndolles os números do 1 ó 3. Por exemplo dicímoslle o número 2 e os nenos deben coller 2 pinzas.
5º EI: Apuntamos nun folio o que esteñamos contando e practicamos a grafía unhas poucas veces. Por detrás do folio podemos debuxar algún dos obxectos que escollestes para contar. Poñemos a data corta: 21-04-2020 e o nome. Despois colledes pinzas ou calquera outro material que teñades na casa e ídeslles dicindo un número do 1 ó 10 e que eles conten tantas pinzas como o número que lles dixestes.
6º EI: escribir os números do 1 ó 20 e do 20 ó 1. Tamén poden inventar sumas e restas sinxelas e intentar facelas. Poñeran a data corta: 21-04-2020.
Canción:
OLLO: VALORARE AS PRODUCIÓNS DOS NENOS E NENAS, OS NÚMEROS NON VAN SAÍR PERFECTOS, ASÍ QUE NON VOS PREOCUPEDES. SE OS QUEREDES CORREXIR NON LLES DIGADES QUE ESTÁN MAL, PODEDES DECIRLLES.... MIRA EU COMO O FAGO, PROBA TI DE NOVO.
Estes exercicios parecen moi doados, pero resúltanlles complexos, polo que paciencia. É normal que se equivoquen, porque o concepto do número é moi abstracto.