ORIENTACIÓNS VOLUNTARIAS PARA A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL NESTE PARÓN TAN EXCEPCIONAL NO QUE ESTAMOS A VIVIR (respectando a maduración de cada nen@):
O MÁIS IMPORTANTE: QUEDA NA CASA é o obxectivo principal para que isto poida resolverse o antes posible e poder levantar este estado de alarma e poder así volver ás aulas e seguir coas nosas rutinas.
NON ESQUEZADES: falar moito con eles, de temas variados, empregando unha linguaxe normal.
A nosa principal tarefa é que os nenos e nenas xoguen e descansen e desfruten da vosa compañía dándolles autonomía en actividades diarias como axudar a facer a cama, vestirse sos, axudar a preparar o almorzo, poñer e recoller a mesa entre outras.
E despois podedes:
- Ler contos
Despois da lectura os nenos poden escribir o título do conto, a data, debuxar o que máis lles gustou, propoñer outro título con outra portada, que vos conten eles o conto, buscar en revistas, xornais algo relacionado co conto, inventar novos contos cos seus propios debuxos....etc.
Algúns enlaces a contacontos son:
https://mtdominguezperez.blogspot.com/2020/03/audiocontos-para-rir-sonar-compartir.html?m=1
https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero
OQO Filmes - galego
- Lectoescritura
Buscar letras en revistas, contos, carteis, etiquetas de roupa, e despois poden intentar facelas con plastilina. Se tedes na casa letras móbiles pódese buscar as letras do seu nome e os nenos de 4 e 5 anos tamén os apelidos e despois intentar escribilos, recordade non os corrixades, cada neno está nunha etapa diferente da escritura e todas elas son moi importantes. Recortar letras e números e pegalos nunha folla separados, nun lado os números e nouto as letras.
https://quecamandiles.com/juegos-educativos-lectoescritura/
- Números
Podemos contar calquera obxecto que teñamos pola a casa (froitas, galletas, xoguetes, colores...), ver números en etiquetas, buscar o día no que estamos nun calendario e ir tachando os días. De paso podemos aproveitar para repasar o día da semana e tamén no mes que estamos. Os nenos de 4 e 5 anos poden intentar escribir a data.
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/infantil-abn/
- Plástica
Recortar con tesoiras cousas de revistas e tamén rasgar, facer collages, modelado de plastilina, debuxo libre con diferentes técnicas e recursos dispoñibles na casa: ceras, rotuladores, tizas, témperas, acuarelas..., facer algunha manualidade sinxela...
Facer un esbozo da figura humana.
https://www.escolaimaxinada.com/
- Psicomotricidade:
Correr, saltar, andar en bici en terrazas ou xardíns cercados propios da casa; e se non é posible moverse e bailar ó ritmo dalgunha canción ou tutorial en rede (p.e. zumba kids, yoga (canal Yogic ), etc.
- Tempo de xogo simbólico: cocinita, construccións, coches, bonecos...
- Xogos de mesa: puzzles, dominós, cartas, ...
- Atención e memoria: adiviñas, cancións, poesías, o xogo do vexo-vexo...
Outras páxinas web con actividades para todas as etapas son as seguintes (debedes buscar as que máis se adaptan os vosos pequenos):
http://aulasgalegas.org/
http://nubecitasdesabidura.blogspot.com/
https://www.rtve.es/educlan/
A maiores, por se a alguén lle serve de axuda, uns enlaces para descargar actividades de grafomotricidade ou recortado (que para nada son obrigatorias, pero nun momento dado poden axudarnos a entreter aos nenos e nenas)
https://www.imageneseducativas.com/wp-content/uploads/2018/05/Cuadernillo-fichas-para-trabajar-la-preescritura-nivel-inicial-2-–-3-años-2018_Parte1.pdf
https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2018/03/Actividades-infantil-Conjunto-de-fichas-Práctica-con-tijeras-.pdf
https://www.imageneseducativas.com/wp-content/uploads/2018/05/Cuadernillo-fichas-para-trabajar-la-preescritura-nivel-inicial-2-–-3-años-2018_Parte2.pdf

Por favor, non intentedes facer isto todos os días, son orientacións para eses momentos nos que estamos perdidos e non sabemos que facer.
Moitas grazas familias.
Equipo de educación infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario