Mostrando entradas con la etiqueta plan proxecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plan proxecta. Mostrar todas las entradas

27 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 27, 28 E 29.

MÉRCORES: BIBLIO

Hoxe propoñemos o seguinte conto: EL PEZ ARCOIRIS ou elixide vós o que queirades.




4º EI: facer un debuxo dese conto e poñer o nome.

5º EI: debuxo, intentan recoñecer as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno, poñen a data (EN MINÚSCULA: Mércores 27 de maio de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: DEBUXO EN 3D

Grazas a “Cerebrito Perez” podemos pintar peixes e despois coa app Cerebrito color fish podemos facelo realidade.

Deixámosvos aquí un enlace para descargar os debuxos que hai que colorear por se vos animades con esta actividade.


XOVES:  ESTIRAMOS E XOGAMOS CO TELÉFONO MATEMÁTICO.
IMOS ESTIRAR AS NOSAS PERNAS E BRAZOS PARA DESPOIS SALTAR.

Canción:



TELÉFONO MATEMÁTICO




Colledes un folio e poñedes os números no chan do 1 ó 9 como se estiveran colocados no telefono e o xogo consiste en:

4º EI: Identificar os números e contamos ata o número 9. Despois podemos coller obxectos e poñer encima de cada número tantos obxectos como se indica. Ata o número 3.

5º EI: Identificar os números e contamos ata o número 9. Despois podemos coller obxectos e poñer encima de cada número tantos obxectos como se indica. Ata o número 9.

6º EI: As familias poderán dicirlle calquera número o azar. Por exemplo o 47 e o neno teran que pisar os números 4 e 7. Despois de dicir varios números podemos facer unha serie de números ata onde queiramos .




VENRES: RECEITA CON CONSERVAS.

HAI MOITO PEIXE QUE O ATOPAMOS EN CONSERVAS, ESTA ACTIVIDADE CONSISTE EN QUE NOS PROPAÑADES UNHA COMIDA OU ELABOREDES ALGO COAS CONSERVAS. OS NENOS PODEN FACER DEBUXOS OU ESCRIBILA, CADA UN COMO QUEIRA.




CANCIÓN: 





Os que queirades podedes enviarnos esta actividade, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com ata o 1 de xuño.

25 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 25 E 26 DE MAIO.

ESTA SEMANA IMOS TRABALLAR NO PLAN PROXECTA NO QUE ESTABAMOS PARTICIPANDO NO COLE: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR (un proxecto que engloba: animais, hábitat, alimentación, comida saudable, exercicio físico, entre outros contidos).



Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.




LUNS: INVESTIGAMOS




4ºEI: Debuxamos o que máis vos chamara a atención do vídeo.

5º EI: Debuxamos o que máis vos chamara a atención do vídeo e imos intentar poñer a palabra MEXILÓN (deixámolos a eles sós) e a data curta: 25-05-2020.

6º EI: Debuxamos o que máis vos chamara a atención do vídeo e poñemos o nome do que debuxamos coa data curta: 25-05-2020.

Os que queirades podedes enviarnos esta actividade, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com ata o 1 de xuño.

MARTES: CREATIVIDADE: ANIMAIS FEITOS CON XORNAIS




Búscamos a vosa creatividade para facer animais con xornais, deixade voar a imaxinación (este é un exemplo, a ver que se vós ocorre a vós).

Canción: