LUNS: PAPEL DE COCIÑA
Precisamos un anaco de papel de cociña e rotus. Temos que repasar o debuxo do papel sen que rompa e despois a ver que se vos ocorre facer co papel decorado.
OLLO: Fixádevos ben, hai que repasar polos puntiños e non pode romper o papel, recordade non gramar o rotu e non deixálo moito tempo no papel para que non rompa.
MARTES: BIBLIO
Lemos un conto que teñamos pola casa:
4º EI: facer un debuxo dese conto e poñemos o nome.
5º EI: debuxo, intentan recoñecen as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MARTES 2 DE XUÑO DE 2020.
6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno e poñen a data (EN MINÚSCULA: Martes 2 de xuño de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario