Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

21 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 21 E 22 DE MAIO.

XOVES: ACTIVIDADE PLÁSTICA


ADIVIÑADES QUE É ESTO? ANIMÁDESVOS A FACELO?

Precisaredes unha man e os dediños, témpera (non ten porque ser amarela) e a ver que vos sae.

NA IMAXE NON APARECE O QUE COME A PITA... SABEDES  QUE COME A PITA? LEMBRÁDEVOS DE DEBUXAR O MILLO OU OS VERMIÑOS COMO POSIBLE ALIMENTO DAS PITAS.
E NÓS, QUE COMEMOS DAS PITAS? A VER CANTOS OVOS LLE POÑEDES.

Os nenos de 5º EI e 6º EI escribirán o título da obra deste autor: AS PITAS BAIXO A CHOIVA. Os nenos de 4 anos que recoñezan letras e os de 5 anos que lean o título.

VENRES: A NOSA LINGUA

Actividade 1: Nesta imaxe aparecen palabras en galego. Ricardo con outros moitos autores foi un defensor da nosa lingua. Gustaríanos que nos escribirades a palabra en galego que máis vos gusta.



Actividade 2: Localiza co teu dedo as galiñas que estean na mesma posición que o modelo.








A NOSA LINGUA MOLA!

19 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 19 E 20 DE MAIO

ESTA SEMANA IMOS ADICALA O AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO (Información adquirida do portal da lingua galega)

Traballaremos co libro : AS PITAS BAIXO A CHOIVA

MARTES: Un trociño da súa obra:



Actividade 1: Debuxar tres animais dos que máis che gustan.

Actividade 2: Buscar as 5 diferenzas, oralmente, da seguinte imaxe, non hai que imprimir a imaxe.


4º EI: Na actividade 1 fai o debuxo e na actividade 2 coa axuda das familias tentarán buscar as diferenzas.

5º EI: Na actividade 1 debuxaran, tentarán poñer o nome do animais debuxados e poñerán a data curta: 19-05-2020. Na actividade 2 coa axuda das familias tentarán buscar as diferenzas.

6º EI: Na actividade 1 debuxaran, poñerán o nome do que debuxaron e a data curta: 19-05-2020. Na actividade 2 coa axuda das familias tentarán buscar as diferenzas.

LEMBRADE POÑER O NOME EN TODOS OS VOSOS DEBUXOS, PARA SABER QUEN SON OS ARTISTAS DE TANTA OBRA DE ARTE

MÉRCORES: CREBACABEZAS (puzzle)


Mostrámosvos un crebacabezas coa caricatura do noso autor. A nosa proposta é que busquedes  nalgunha revista, xornal,etc, unha foto dalgún personaxe, debuxo ou cousa, e que vós fagades un puzzle... a ver de cantas pezas o facedes?

OLLO: Coidado coa tesoira e o montalo empregade ben o pegamento. Lembrade cerralo ben unha vez que rematemos de recortar e montar as nosas pezas.




Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.

15 de mayo de 2020

OS BOLECHAS E CARVALHO CALERO

Os Bolechas, conocidos por todos vós, axúdannos a coñecer mellor a obra de Carvalho Calero, acercándonos a unha das súas obras fundamentais: Scórpio. Deixámosvos o enlace a continuación.

OS BOLECHAS as miñas primeiras letras galegas. CARVALHO CALERO

11 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 11 E 12 DE MAIO

Esta semana ímola adicar a vós, a FAMILIA e ao autor homenaxeado no DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste 2020: RICARDO CARVALHO CALERO.

LUNS: DEBUXO DO AUTOR
A continuación mostrámosvos uns enlaces da súa vida e tamén un breve resumo deste autor. Para a vindeira semana traballaremos co libro: As pitas baixo a choiva.



Aquí vos deixamos un vídeo da súa vida e obra: 



 Canción:






(Información adquira do portal da lingua galega)

4º EI: facer un debuxo do autor
5º EI: debuxamos o autor e recoñecemos as letras do seu nome, escribimos o seu nome.
6º EI: debuxamos o autor e lemos as letras do seu nome, escribimos o seu nome en letras minúsculas menos a primeira letra do nome e dos apelidos. 


Con motivo do Día das Letras Galegas, o equipo de Dinamización da Lingua Galega, convoca o III Certame Veleiriña. O alumnado de educación infantil participou, en anos atrás, cun debuxo do homenaxeado e non queremos que este ano sexa distinto,  polo que vos pedimos que aquelas familias que queirades nos enviedes o debuxo que realice o voso fillo ou filla, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com, para nós facerllo chegar ao equipo de Dinamización. Tedes ata o día 17 de maio. Estamos esperando ver esas obras de arte!



MARTES: TOCA POÑER A PROBA A IMAXINACIÓN E A CREACIÓN.

O venres é o día da familia, polo que esta actividade é en familia. Debedes buscar obxectos que teñades pola casa para elaborar un “collage”.

Mostrámosvos un exemplo pero sabemos que non precisades exemplos porque xuntos sodes moi artistas, traballo en equipo

 


Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.