MÉRCORES: BIBLIO
Hoxe propoñemos o seguinte conto: EL PEZ ARCOIRIS ou elixide vós o que queirades.
4º EI: facer un debuxo dese conto e poñer o nome.
5º EI: debuxo, intentan recoñecer as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020.
6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno, poñen a data (EN MINÚSCULA: Mércores 27 de maio de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: DEBUXO EN 3D
Grazas a “Cerebrito Perez” podemos pintar peixes e despois coa app Cerebrito color fish podemos facelo realidade.
Deixámosvos aquí un enlace para descargar os debuxos que hai que colorear por se vos animades con esta actividade.
XOVES: ESTIRAMOS E XOGAMOS CO TELÉFONO MATEMÁTICO.
IMOS ESTIRAR AS NOSAS PERNAS E BRAZOS PARA DESPOIS SALTAR.
Canción:
TELÉFONO MATEMÁTICO
Colledes un folio e poñedes os números no chan do 1 ó 9 como se estiveran colocados no telefono e o xogo consiste en:
4º EI: Identificar os números e contamos ata o número 9. Despois podemos coller obxectos e poñer encima de cada número tantos obxectos como se indica. Ata o número 3.
5º EI: Identificar os números e contamos ata o número 9. Despois podemos coller obxectos e poñer encima de cada número tantos obxectos como se indica. Ata o número 9.
6º EI: As familias poderán dicirlle calquera número o azar. Por exemplo o 47 e o neno teran que pisar os números 4 e 7. Despois de dicir varios números podemos facer unha serie de números ata onde queiramos .
VENRES: RECEITA CON CONSERVAS.
HAI MOITO PEIXE QUE O ATOPAMOS EN CONSERVAS, ESTA ACTIVIDADE CONSISTE EN QUE NOS PROPAÑADES UNHA COMIDA OU ELABOREDES ALGO COAS CONSERVAS. OS NENOS PODEN FACER DEBUXOS OU ESCRIBILA, CADA UN COMO QUEIRA.
CANCIÓN:
Os que queirades podedes enviarnos esta actividade, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com ata o 1 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario