MÉRCORES: : MUSICA E BAILE…
Buscamos as nosas cancións favoritas e simplemente bailamos todos xuntos. Podemos escoller unha coreografía sinxela ou deixárnos levar pola música e disfrutar….
PROPOSTA DE CANCIÓNS:
XOVES: OS NOSOS AMIGOS TAMÉN SON FAMILIA
Nesta actividade imos recordar os nomes de todos os compañeiros e compañeiras.
4º EI: As familias poden poñer o nome dos compañeiros da clase e os nenos poden repasalos con rotus de cores e o que queira que copie algún. Tamén podemos xogar a recoñecelos. Lembrade, familias, sempre en maiúsculas.
5º EI e 6º EI: Lembramos os nomes dos nosos amigos, escribimos algúns (podedes axudarlles pronunciando amodo cada nome e esaxerando os fonenas para que recoñezan algunhas das letras). Practicamos tamén o noso nome e apelido.
VENRES: PROPOÑEMOS XOGOS EN FAMILIA PARA CELEBRAR ESTE DÍA TAN ESPECIAL.
O 15 de maio celébrase o día da familia, tan importante para todos e todas, máis se cabe nesta situación que nos toca vivir. Por iso propoñemos que desfrutedes moito deste día, xogando en familia. (Dominó, tres en raia, crebacabezas, twister, oca...o que vós queirades ou inclusive elaboralos vós para xogar entre todos).

A todo o equipo de infantil gústanos moito contar contos, hoxe sendo un día especial para todos e todas, propoñémosvos un conto de Olga de Dios, que ela mesma autoriza a descargalo gratuitamente. Agardamos que vos guste. FELIZ DÍA
Nós mandámosvos moitos bicos con todo o noso corazón, porque formades parte da nosa familia e querémosvos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario