18 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 20 E O MARTES 21 DE ABRIL.

LUNS: DEBUXO

Imos comezar a semana facendo un debuxo da primavera, para iso debemos pensar no mes que estamos e que podemos ver para observar a estación na que estamos: ¿Cómo están as arbores, hai paxariños, que máis animais podemos ver, hai flores…..?

Todas as mestras estamos convencidas de que sodes uns grans artistas, así que imos coller moitas cores e poñernos a debuxar;
4º EI: debuxo da primavera
5º EI: debuxo da primavera e a familia deberá poñer  en letras maiúsculas a palabra PRIMAVERA (noutro folio)  para que o escriban no folio do debuxo.
6º EI: debuxarán e poñerán o nome dos elementos que debuxaron.

Mentres debuxades podemos amenizar con unha canción: 


Lembrade, os nenos de 4 e 5 anos deben poñer o nome nos debuxos

MARTES: LÓXICA-MATEMÁTICA

Imos a contar obxectos da nosa casa: ventás, portas, camas, cadeiras, etc (o que se vos ocorra).
4ºEI: conteo de elementos que teñamos pola casa. Despois podedes practicar con pinzas dicíndolles os números do 1 ó 3. Por exemplo dicímoslle o número 2 e os nenos deben coller 2 pinzas.
5º EI: Apuntamos nun folio o que esteñamos contando e practicamos a grafía unhas poucas veces. Por detrás do folio podemos debuxar algún dos obxectos que escollestes para contar. Poñemos a data corta: 21-04-2020 e o nome. Despois colledes pinzas ou calquera outro material que teñades na casa e ídeslles dicindo un número do 1 ó 10 e que eles conten tantas pinzas como o número que lles dixestes.
6º EI: escribir os números do 1 ó 20 e do 20 ó 1. Tamén poden inventar sumas e restas sinxelas e intentar facelas. Poñeran a data corta: 21-04-2020.

Canción:

OLLO: VALORARE AS PRODUCIÓNS DOS NENOS E NENAS, OS NÚMEROS NON VAN SAÍR PERFECTOS, ASÍ QUE NON VOS PREOCUPEDES. SE OS QUEREDES CORREXIR NON LLES DIGADES QUE ESTÁN MAL, PODEDES DECIRLLES.... MIRA EU COMO O FAGO, PROBA TI DE NOVO.

Estes exercicios parecen moi doados, pero resúltanlles complexos, polo que paciencia. É normal que se equivoquen, porque o concepto do número é moi abstracto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario