MÉRCORES: CREATIVIDADE
Para hoxe ides precisar un tubo de papel hixiénico e a ver que ideas se vos ocorren para facer con el. Achegamos algunhas propostas:
5º EI: Colleran un folio e escribirán o que fixeron e poñerán a data longa: MÉRCORES 29 ABRIL DE 2020.
OLLO: os nenos de 4 anos non van escribir a palabra correctamente, non pasa nada. Deixádelles primeiro que pensen en alto a palabra que queren escribir. Non os corrixades o seu pensamento lectoescritor está comezando a poñerse en marcha. Por exemplo: se fan unha mariposa é moi probable que escriban: AIOA
6º EI: Colleran un folio, escribirán o que fixeron e poñerán a data longa en minúscula: Mércores de 29 abril de 2020.
XOVES: PROPOÑEMOS UNHA RECEITA:
GOMINOLAS CASEIRAS DE FROITAS
(ou podedes facer outra receita que vos guste)
INGREDIENTES:
v250 ML DE ZUME DE LARANXA (ou outra froita que teñades pola casa; se empregamos fresas: triturámolas e bótaselles un pouco de leite e xelatina dese sabor).
vUN SOBRE DE XELATINA DE LARANXA
vUN SOBRE DE XELATINA NEUTRA
MODO DE FACELO:
1º MISTÚRASE TODO, E PONSE A QUENCER SEN QUE CHEGUE A FERVER PARA QUE NON PERDA PROPIEDADES.
2º BOTÁMOLO NOS MOLDES, PREVIAMENTE UNTADOS EN ACEITE, PARA QUE ENFRÍE 4-6 HORAS.
Por exemplo podemos empregar os moldes que teñamos na casa para facer xeo! Ou un molde normal e cortamos despois en trociños pequenos.
AMENIZAMOS CON UNHA CANCIÓN: A HORTA DE BALBINA
4º EI: Unha vez rematada a receita poden facer un debuxo do proceso e escribir o seu nome.
5º EI: Colleredes un folio e coa vosa axuda escribirá o título da receita que fixo con vós e poñerá o nome cos apelidos (os apelidos poñédellos noutro folio para que vaia recoñecendo letras e a vez trazándoas). Despois poden facer un debuxo do resultado do prato que elaborou.
6 º EI: Intentaran escribir os ingredientes da receita e despois tamén pode facer un debuxo do resultado, así como poñer nome e apelidos.
¡NON ESQUEZADES XOGAR MOITO!