27 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 27 E 28.

LUNS: LÓXICA- MATEMÁTICA

IMOS A FACER SERIES (con elementos que teñamos pola casa, nós propoñemos estes pero podedes adaptalos).

4ºEI: CUCHARA - TENEDOR.

5ºEI: CUCHARA - CUCHARILLA - TENEDOR.
Collemos un folio e escribimos os números do 1 ó 10 e que eles copien esa serie. Poñemos a data corta:27-04-2020 e o nome no folio.

6ºEI: CUCHARA- PINZA- CUCHARILLA- TENEDOR.
Despois podemos coller un folio, poñer os números que queirades e facer o anterior e posterior ou seguir os dous números seguintes ou contar para atrás dous. Por exemplo: poñemos o número 29.
28 29 30
29 30 31
27 28 29
Poñemos a data corta: 27-04-2020, o nome e os apelidos no folio.




MARTES: BIBLIO

Lemos un conto que teñamos pola casa:

4º EI: facer un debuxo dese conto. Os que queiran poden copiar o seu nome, sempre en maiúsculas. 

5º EI: debuxo do conto, intentan recoñecer as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MARTES 28  ABRIL  DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno e poñen a data (EN MINÚSCULA: Martes 28 de abril de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.

Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario