21 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 22, 23 E 24 DE ABRIL.

MÉRCORES: BIBLIO

Lemos un conto que teñamos pola casa:
4º EI: facer un debuxo dese conto.
5º EI: debuxan e intentan recoñecen as letras do título. Despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MÉRCORES 22 ABRIL  DE 2020.
6º EI: debuxan, len as letras do título, escríbeno e poñen a data. Tamén poden escribir o nome  do autor do libro.

XOVES: DÍA DO LIBRO.
Creamos un personaxe dun conto. Collemos un folio e podemos debuxar, recortar, construír o personaxe que  queiramos. Será o personaxe principal do noso conto. Podedes intentar facer con el un conto oral, preguntándolles aos nenos e nenas que personaxe construíron, onde vive, se vive coa súa familia, que fai, que lle gusta, cal é a súa comida preferida....
Deixámosvos uns exemplos neste enlace:

VENRES: XOGAMOS CON PLASTILINA
A plastilina ofrécenos moitas posibilidades, deixade voar a imaxinación.
Por se non tedes plastilina na casa, deixámovos un enlace onde podedes atopar receitas para facela na casa.

LEMBRADE: son suxerenecias de actividades moi sinxelas que podedes adaptar ou facer a vosa maneira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario