Esta semana ímola adicar a vós, a FAMILIA e ao autor homenaxeado no DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste 2020: RICARDO CARVALHO CALERO.
LUNS: DEBUXO DO AUTOR
A continuación mostrámosvos uns enlaces da súa vida e tamén un breve resumo deste autor. Para a vindeira semana traballaremos co libro: As pitas baixo a choiva.
Aquí vos deixamos un vídeo da súa vida e obra:
Canción:
(Información adquira do portal da lingua galega)
4º EI: facer un debuxo do autor
5º EI: debuxamos o autor e recoñecemos as letras do seu nome, escribimos o seu nome.
6º EI: debuxamos o autor e lemos as letras do seu nome, escribimos o seu nome en letras minúsculas menos a primeira letra do nome e dos apelidos.
Con motivo do Día das Letras Galegas, o equipo de Dinamización da Lingua Galega, convoca o III Certame Veleiriña. O alumnado de educación infantil participou, en anos atrás, cun debuxo do homenaxeado e non queremos que este ano sexa distinto, polo que vos pedimos que aquelas familias que queirades nos enviedes o debuxo que realice o voso fillo ou filla, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com, para nós facerllo chegar ao equipo de Dinamización. Tedes ata o día 17 de maio. Estamos esperando ver esas obras de arte!

MARTES: TOCA POÑER A PROBA A IMAXINACIÓN E A CREACIÓN.
O venres é o día da familia, polo que esta actividade é en familia. Debedes buscar obxectos que teñades pola casa para elaborar un “collage”.
Mostrámosvos un exemplo pero sabemos que non precisades exemplos porque xuntos sodes moi artistas, traballo en equipo:
Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario