19 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 19 E 20 DE MAIO

ESTA SEMANA IMOS ADICALA O AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO (Información adquirida do portal da lingua galega)

Traballaremos co libro : AS PITAS BAIXO A CHOIVA

MARTES: Un trociño da súa obra:



Actividade 1: Debuxar tres animais dos que máis che gustan.

Actividade 2: Buscar as 5 diferenzas, oralmente, da seguinte imaxe, non hai que imprimir a imaxe.


4º EI: Na actividade 1 fai o debuxo e na actividade 2 coa axuda das familias tentarán buscar as diferenzas.

5º EI: Na actividade 1 debuxaran, tentarán poñer o nome do animais debuxados e poñerán a data curta: 19-05-2020. Na actividade 2 coa axuda das familias tentarán buscar as diferenzas.

6º EI: Na actividade 1 debuxaran, poñerán o nome do que debuxaron e a data curta: 19-05-2020. Na actividade 2 coa axuda das familias tentarán buscar as diferenzas.

LEMBRADE POÑER O NOME EN TODOS OS VOSOS DEBUXOS, PARA SABER QUEN SON OS ARTISTAS DE TANTA OBRA DE ARTE

MÉRCORES: CREBACABEZAS (puzzle)


Mostrámosvos un crebacabezas coa caricatura do noso autor. A nosa proposta é que busquedes  nalgunha revista, xornal,etc, unha foto dalgún personaxe, debuxo ou cousa, e que vós fagades un puzzle... a ver de cantas pezas o facedes?

OLLO: Coidado coa tesoira e o montalo empregade ben o pegamento. Lembrade cerralo ben unha vez que rematemos de recortar e montar as nosas pezas.




Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario