ESTA SEMANA IMOS TRABALLAR NO PLAN PROXECTA NO QUE ESTABAMOS PARTICIPANDO NO COLE: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR (un proxecto que engloba: animais, hábitat, alimentación, comida saudable, exercicio físico, entre outros contidos).
Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.
LUNS: INVESTIGAMOS
4ºEI: Debuxamos o que máis vos chamara a atención do vídeo.
5º EI: Debuxamos o que máis vos chamara a atención do vídeo e imos intentar poñer a palabra MEXILÓN (deixámolos a eles sós) e a data curta: 25-05-2020.
6º EI: Debuxamos o que máis vos chamara a atención do vídeo e poñemos o nome do que debuxamos coa data curta: 25-05-2020.
Os que queirades podedes enviarnos esta actividade, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com ata o 1 de xuño.
MARTES: CREATIVIDADE: ANIMAIS FEITOS CON XORNAIS
Búscamos a vosa creatividade para facer animais con xornais, deixade voar a imaxinación (este é un exemplo, a ver que se vós ocorre a vós).
Canción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario