11 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 11 E 12 DE MAIO

Esta semana ímola adicar a vós, a FAMILIA e ao autor homenaxeado no DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste 2020: RICARDO CARVALHO CALERO.

LUNS: DEBUXO DO AUTOR
A continuación mostrámosvos uns enlaces da súa vida e tamén un breve resumo deste autor. Para a vindeira semana traballaremos co libro: As pitas baixo a choiva.



Aquí vos deixamos un vídeo da súa vida e obra: 



 Canción:






(Información adquira do portal da lingua galega)

4º EI: facer un debuxo do autor
5º EI: debuxamos o autor e recoñecemos as letras do seu nome, escribimos o seu nome.
6º EI: debuxamos o autor e lemos as letras do seu nome, escribimos o seu nome en letras minúsculas menos a primeira letra do nome e dos apelidos. 


Con motivo do Día das Letras Galegas, o equipo de Dinamización da Lingua Galega, convoca o III Certame Veleiriña. O alumnado de educación infantil participou, en anos atrás, cun debuxo do homenaxeado e non queremos que este ano sexa distinto,  polo que vos pedimos que aquelas familias que queirades nos enviedes o debuxo que realice o voso fillo ou filla, á dirección de correo electrónico infantilveleiro@gmail.com, para nós facerllo chegar ao equipo de Dinamización. Tedes ata o día 17 de maio. Estamos esperando ver esas obras de arte!



MARTES: TOCA POÑER A PROBA A IMAXINACIÓN E A CREACIÓN.

O venres é o día da familia, polo que esta actividade é en familia. Debedes buscar obxectos que teñades pola casa para elaborar un “collage”.

Mostrámosvos un exemplo pero sabemos que non precisades exemplos porque xuntos sodes moi artistas, traballo en equipo

 


Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios. Tamén poden escribir frases sinxelas.


6 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 6, 7 E 8 DE MAIO

MÉRCORES:  CALCAR SOMBRAS


4º EI: Xogamos a calcar a sombra dos obxectos que teñamos pola casa dunha forma divertida e despois decoraremos como cada un queira.

5º EI: Calcamos a sombra, e no mesmo folio poñerán o nome e os apelidos. Recordade:  os apelidos debedes poñerllos vós noutro papel aparte para que copien e identifiquen letras.

6ºEI: Calcamos a sombra, poñerán nome e apelidos e tamén escribirán o nome do que calcaron.

XOVES: XOGAMOS COS NÚMEROS

4º EI: Facemos tarxetas cos números do 1 ó 5. Os nenos terán que contar tantos obxectos como  indique a tarxeta e introducilos nun prato ou outro recipiente que teñades pola casa. Tamén podemos xogar coas cores, indroducir obxectos dunha mesma cor e na cantidade que nos indique a tarxeta.





5º EI: Imos xogar a sumar e para iso precisamos 3 pratos e diferentes obxectos. Arriba de cada prato poñeremos trozos de papel para que os nenos grafíen o número de elementos que hai en cada prato. O último prato é para o resultado final (onde deben aparecer todos os elementos). Veña a contar!




6º EI: despois de xogar cos elementos nos pratos: podedes escribir as sumas nun papel. Poñeredes a data corta: 7-05-2020.
CANCIÓN:




VENRES: FACEMOS IOGA

Imos aproveitar o día para facer un pouco de exercicio.
Recordámosvos que na páxina web do centro tedes o enlace do blogue do profe Pablo, onde tedes máis exercicios, algúns adaptados a infantil. Tamén vos deixaremos o enlace, por aquí, na columna da dereita, no apartado de enlaces de interese.



4 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 4 E 5 DE MAIO.

Os nenos e nenas de 6º EI, recordade que poden ler todos os días un ratiño, cada un ao seu ritmo e sen agobios.


LUNS: GRAFISMOS
Imos coller un folio e imos a facer raias de cores con rotus: rectas, curvas, onduladas, en pico, en espiral, etc.







4º EI: xogamos a facer raias de cores e moitas formas.

5º EI: poñerán a data curta (4-05-2020) e o nome .

6º EI: poñerán a data curta (4-05-2020) e o nome cos apelidos.

CANCIÓN: 



MARTES: BIBLIO

Lemos un conto que teñamos pola casa:

4º EI: facer un debuxo dese conto. Os que queiran poden copiar o seu nome, sempre en maiúsculas. 

5º EI: debuxo do conto, intentan recoñecer as letras do título e despois poden poñer o título do conto, o seu nome e a data longa: MARTES 5 MAIO DE 2020.

6º EI: debuxo, len as letras do título e escríbeno e poñen a data (EN MINÚSCULA: Martes 5 de maio de 2020). Tamén poden poñer o autor do libro.

2 de mayo de 2020

XOGOS E RECURSOS WEB

Nesta entrada presentámosvos unha nova pestana no blogue onde podedes atopar diferentes xogos e recursos on line.
 A nosa compañeira Loli, fixo unha estupenda selección de recursos que podedes ver ao completo  na páxina web do cole, dos cales nós seleccionamos os que nos parecen máis axeitados para infantil.

29 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 29 E O XOVES 30 DE ABRIL.

MÉRCORES: CREATIVIDADE

Para hoxe ides precisar un tubo de papel hixiénico e  a ver que ideas se vos ocorren para facer con el. Achegamos algunhas propostas:



  

5º EI: Colleran un folio e escribirán o que fixeron e poñerán a data longa: MÉRCORES 29 ABRIL DE 2020.
OLLO: os nenos de 4 anos non van escribir a palabra correctamente, non pasa nada. Deixádelles primeiro que pensen en alto a palabra que queren escribir. Non os corrixades o seu pensamento lectoescritor está comezando a poñerse en marcha. Por exemplo: se fan unha mariposa é moi probable que escriban: AIOA

6º EI: Colleran un folio, escribirán o que fixeron e poñerán a data longa en minúscula: Mércores de 29 abril de 2020.


XOVES: PROPOÑEMOS UNHA RECEITA: 

GOMINOLAS CASEIRAS DE FROITAS

(ou podedes facer outra receita que vos guste)

INGREDIENTES:

v250 ML  DE ZUME DE LARANXA (ou outra froita que teñades pola casa; se empregamos fresas: triturámolas e bótaselles un pouco de leite e xelatina dese sabor).
vUN SOBRE DE XELATINA DE LARANXA
vUN SOBRE DE XELATINA NEUTRA

MODO DE FACELO:

1º MISTÚRASE TODO, E PONSE A QUENCER SEN QUE CHEGUE A FERVER PARA QUE NON PERDA PROPIEDADES.
2º BOTÁMOLO NOS MOLDES, PREVIAMENTE UNTADOS EN ACEITE, PARA QUE ENFRÍE 4-6 HORAS.
Por exemplo podemos empregar os moldes que teñamos na casa para facer xeo! Ou un molde normal e cortamos despois en trociños pequenos.









AMENIZAMOS CON UNHA CANCIÓN: A HORTA DE BALBINA


4º EI: Unha vez rematada a receita poden facer un debuxo do proceso e escribir o seu nome.

5º EI: Colleredes un folio e coa vosa axuda escribirá o título da receita que fixo con vós e poñerá o nome cos apelidos (os apelidos poñédellos noutro folio para que vaia recoñecendo letras e a vez trazándoas). Despois poden facer un debuxo do resultado do prato que elaborou.

6 º EI: Intentaran escribir os ingredientes da receita e despois tamén pode facer un debuxo do resultado, así como poñer nome e apelidos.

¡NON ESQUEZADES  XOGAR MOITO!

28 de abril de 2020

NOVO BLOGUE DE AUDICIÓN E LINGUAXE.

O noso compañeiro  Jose Ángel, mestre de audición e linguaxe, facilítanos o enlace ao seu blogue, onde pon a disposición de todo o alumnado do centro e as súas familias, diferentes recursos relacionados coa súa área.
Podedes atopar diferentes actividades de estimulación da linguaxe, moi axeitadas para a etapa educativa na que nos atopamos.

Deixovos o enlace por aquí, pero tamés estará de forma permanente na barra lateral no apartado de enlaces de interese.
https://onosorecunchodeaudicionelinguaxe.blogspot.com/2020/04/imos-entrenar-as-praxias-o-sopro-e.html

27 de abril de 2020

NOVA PESTANA NO BLOGUE.

A semana pasada, creamos unha nova pestana no blogue, chamada O TABOLEIRO DOS SAÚDOS.
Nesta pestana apararece un taboleiro onde podedes deixar mensaxes ou subir imaxes das actividades que facedes estos días, que seguro que son chulísimas. Estamos desexando velas!