MÉRCORES: CALCAR SOMBRAS
4º EI: Xogamos a calcar a sombra dos obxectos que teñamos pola casa dunha forma divertida e despois decoraremos como cada un queira.
5º EI: Calcamos a sombra, e no mesmo folio poñerán o nome e os apelidos. Recordade: os apelidos debedes poñerllos vós noutro papel aparte para que copien e identifiquen letras.
6ºEI: Calcamos a sombra, poñerán nome e apelidos e tamén escribirán o nome do que calcaron.
XOVES: XOGAMOS COS NÚMEROS
4º EI: Facemos tarxetas cos números do 1 ó 5. Os nenos terán que contar tantos obxectos como indique a tarxeta e introducilos nun prato ou outro recipiente que teñades pola casa. Tamén podemos xogar coas cores, indroducir obxectos dunha mesma cor e na cantidade que nos indique a tarxeta.
5º EI: Imos xogar a sumar e para iso precisamos 3 pratos e diferentes obxectos. Arriba de cada prato poñeremos trozos de papel para que os nenos grafíen o número de elementos que hai en cada prato. O último prato é para o resultado final (onde deben aparecer todos os elementos). Veña a contar!
6º EI: despois de xogar cos elementos nos pratos: podedes escribir as sumas nun papel. Poñeredes a data corta: 7-05-2020.
CANCIÓN:
VENRES: FACEMOS IOGA
Imos aproveitar o día para facer un pouco de exercicio.
Recordámosvos que na páxina web do centro tedes o enlace do blogue do profe Pablo, onde tedes máis exercicios, algúns adaptados a infantil. Tamén vos deixaremos o enlace, por aquí, na columna da dereita, no apartado de enlaces de interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario